2/02/2009

O Grupo de lectura Mamiya está lendo... O neno do pixama a raias


O neno do pixama a raias de John Boyne conta a historia de Bruno, un neno de nove anos que vivía moi contento en Berlín coa súa familia. Un día deberán mudarse todos a outro lugar porque destinan o pai a un novo e mellor emprego. No novo destino do seu pai Bruno abúrrese moito pois non hai nenos da súa idade. Ata que un día atopa un neno cun pixama a raias detrás dun aramado...

O grupo de lectura Trasno está lendo... Agardarei por ti en África


Agardarei por ti en África de Blanca Álvarez narra a historia de Roxelio que, aos seus doce anos, non é un neno feliz. Non sofre as dentadas da fame nin as escasezas da posguerra, como ocorre en tantas casas da vila, aínda que lle custa aturar a fame de cariño e o peso dun segredo que non coñece pero que intúe. Será no cemiterio, o lugar dos mortos, onde descubrirá a alegría de vivir. Unha novela que fala da guerra e da posguerra, das feridas que o rancor non deixa cerrar e da forza do amor que acaba superando os obstáculos.