4/28/2010

Tristes armas, Marina Mayoral



O Club de lectura de 1º de ESO está a ler a novela Tristes armas da escritora Marina Mayoral. A novela conta a historia de Rosa e Harmonía, dúas nenas que son envíadas polos seus pais a Rusia durante a guerra civil.

Homenaxe a Miguel Delibes



Este mes de abril homenaxeamos a Miguel Delibes no Club de lectura de adultos lendo dúas das súas obras máis significativas: El camino e Cinco horas con Mario.

4/10/2010

Diario, Ana Frank


Continuando cos libros que falan do holocausto e que estamos a ler no Club de lectura de 1º de ESO este mes rematamos o Diario de Ana Frank.

Irmán do vento, Manuel Lourenzo González


Irmán do vento, a novela de Manuel Lourenzo González, gañadora do Premio Merlín 2003, é a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten proxectos. Ata que, de repente, a guerra interrumpe a súa vida e cambia todo o seu mundo.

Aurora Boreal, Asa Larsson


O corpo de Victor Strandgard, o predicador máis famoso de Suecia, aparece mutilado nunha remota igrexia en Kiruna, unha ciudade do norte submersa na eterna noite polar. A irmá da vítima encontrou o cadáver e parece ser a principal sospeitosa do crime. Desesperada, pide axuda á súa amiga de infancia, a avogada Rebecka Martinsson, que vive en Estocolmo e que regresa á súa ciudade natal disposta a averiguar quen é o verdadeiro culpable.
Asa Larsson
foi galardonada por esta novela co Premio á Mellor Primeira Novela Negra pola Asociación Sueca de Escritores de Novela Negra

La piel de la memoria, Jordi Sierra i Fabra


A vida de Kalil Mtube, un neno de Malí, cambia drásticamente cando, despois de ter sido vendido polo seu pai a un traficante, é obrigado a traballar como escravo nunha plantación de cacao en Costa de Marfil. Alí coñece a amizade e o amor, pero tamén a despiadada crueldade dos seres humanos. Esta é a crúa historia que conta o libro de Jordi Sierra i Fabra e que están a ler os alumnos do Club de Lectura de 3º ESO.