1/16/2009
O Grupo de lectura Trasno está lendo...
Amancio Amigo e O meigo de Salamaca de Xosé Miranda
Amancio Amigo, o rapaz protagonista desta novela, é un mozo do Courel que estuda en Salamanca. Está namorado da Susana, a filla do cacique. Pero Amancio é pobre e poeta. Unha tarde, co seu amigo Ze Escolarão visita a un taxidermista que vive na rúa da Bufarda, 666. Na fachada da casa enxérgase unha gárgola que representa a un demo botando a lingua. Os rapaces beben do viño que lles ofrecen e a partir dese momento deciden estudar para meigos nas covas de Salamanca.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Os compoñentes do grupo Trasno opinan:
-O libro é ameno, divertido e interesante porque o personaxe saese do normal, xa que trata dun tema para nós pouco coñecido.
-Interésanos seguir lendo porque nos engancha a lectura para saber o que vai pasar en capítulos futuros.
-Un dos membros do grupo comenta que o personaxe principal é interesante pero que se el estivese na súa situación non faría o mesmo porque pensa que é moi novo para o seu comportamento.
-Como resumo:
-A comprensión é difícil e cústanos entendelo se non o volvemos ler.
-Tes que ler dun tirón todo o libro se non perdeste.
-Gustounos o final do relato porque quedou con Susana.
-Aconsellámoslles que o lean con moito coidado, e nós pensamos outro de Amancio.
O grupo "trasno" di:
Este libro trata un tema que nos toca moi de preto porque a nosa é unha terra de meigos7as e todos nós quixeramos ter un pouco dos poderes deles e poder usalos ao noso antollo .Todos quixéramos aprender un pouco pero esta aprendizaxe non a acadamos con esta lectura e por iso pensamos ler outro libro de Amancio e ver se nos da máis información .Tamén porque a súa lectura nos resultou amena ,como xa dixemos,e gústanos moito as formas de expresión deste autor e o tratamento que lle dá aos temas tratados .
Agardamos algún outro comentario dalguén que non sexa do noso grupo.
Publicar un comentario