11/15/2011
La ciudad de las Bestias
6/28/2011
Rebeldes, Susan Hinton
O protagonista desta historia é Ponyboy Curtis, un rapaz de 14 anos, orfo, que vive cos seus irmáns nunha pequena cidade norteamericana. Xunto cos seus irmáns e os amigos destes forma parte dunha grupo, os “Greasers”, rapaces pobres que viven ao límite da legalidad. Pero unha noite todo cambiará e Ponyboy xunto co seu amigo, Johnny vernase envoltos nunha serie de feitos que cambiarán non só as súas vidas senón tamén as dos que os arrodean. É un dos libros de máis éxito entre a xuventude e a pesar de ter sido escrito en 1967 mantén todo o seu interese na actualidade.
Cartas de inverno, Agustín Fernández Paz
Despois dunha longa estadía en Québec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atopa as cartas que o seu amigo Adrián lle escribira na súa ausencia. Unhas cartas inquietantes que descobren os estraños sucesos lle están a suceder a Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Cartas de inverno recibiu o Premio Rañolas, ó mellor libro infantil e xuvenil galego do ano 1995 e é quizais unha das obras máis coñecidas e valoradas do seu autor. Moi recomendada para quen guste de misterios e de pasar medo.
6/21/2011
Donde nadie te encuentre, Alicia Giménez Bartlet
Esta novela de Alicia Giménez Bartlet obtivo o Premio Nadal na súa última edición. Conta a historia de Teresa Pla Meseguer, alcumada "La Pastora", unha muller acusada de vinte e nove mortes. Era o maquis máis buscado pola Gardia Civil, e convertérase nunha lenda popular. Na ficción un psiquiatra francés e un periodista barcelonés van na súa procura coa intención de coñecer a súa hitoria de primeira man.
6/15/2011
Memorias dun neno labrego, Xosé Neira Vilas
"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre". Así comezan as Memorias dun neno labrego das que se cumpren cincuenta anos da súa publicación. Ao longo das súas páxinas vemos como transcorría a vida deste neno que, segundo recoñece o seu autor, ten moito das súas vivencias de neno. A pesar deste medio século segue sendo unha delicia a lectura deste clásico da nosa literatura.
Riña de gatos, Eduardo Mendoza
Un inglés chega en tren a Madrid na primavera de 1936. Vén para autentificar un cadro descoñecido de Velazquez. En Madrid entrará en contacto con algunhas das figuras que xogarán un importante papel na historia posterios de España, coñecerá personaxes de distintos ambientes e vivirá extraordinarias aventuras perseguido por políticos, diplomáticos e espías, nunha atmosfera de conspiración e xoldra. Eduardo Mendoza utiliza como sempre o humor para narrar esta historia por veces esperpéntica.
2/15/2011
Todo é silencio, Manuel Rivas
“Todo é silencio” narra o irresistíbel ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Brétema, o universo que domina ao seu antollo. En Brétema, na costa atlántica, houbo un tempo en que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanto poder que estiveron moi preto de controlar o poder social e as institucións. A novela de Manuel Rivas narra tamén a vida dun grupo de amigos, aos que une dende a infancia o andar á crebas, á procura de restos de naufraxios, no escenario sempre sorprendente do mar de Galicia. Ese mar que fala cos signos que deita na beira. Dende moi pronto, o destino da xente nova estará determinado pola sombra odiosa e engaiolante a un tempo do omnipresente Mariscal. Unha novela, “Todo é silencio”, que relata como os círculos do crime rodean e corrompen, non sempre con éxito, o extraño feitizo da condición humana.
Cozarón de tinta, Cornelia Funke
Corazón de chocolate, Santiago Jaureguizar
Tintimán, un rapaz de dezaseis anos arrichado e algo insolente, herdou do seu pai a paixón por investigar misterios, o amor pola aventura e un axitado traballo de xornalista. En Corazón de chocolate, a cidade de Santiago de Compostela é un escenario emocionante e arriscado para o primeiro misterio que ten que descubrir. O reporteiro, creado por Santiago Jaureguizar, investigará se realmente existe a Irmandade Xelmírez, unha seita perversa, ou se só é unha lenda. Señor Grozni, un gato cun parche nun ollo, e Mónica, unha amiga que asegura ser a súa moza, achegaranlle a axuda precisa para que Tintimán descubra a verdade.
2/14/2011
Denso recendo a salgado, Manuel Portas
Denso recendo a salgado son os fragmentos dun espello escachado por un golpe; as páxinas dunha intensa novela con moitas novelas dentro; unha historia de historias fragmentarias e ocasionais, tecida con fíos multicolores de personaxes que se entrelazan dende unha aparente desconexión inicial para acabar nunha frenética sinfonía vital, tráxica e vibrante, trepidante, delicada, por veces romántica, e a un tempo crúa e dura como a realidade que lle serve de marco de referencia.
Ao longo da novela de Manuel Portas, aparecen vidas anónimas e singulares que teñen en común a pertenza a unha xeración de mozos e mozas nados nunha vila mariñeira que podería ser calquera das que se deitan na Ría de Arousa. Coas súas mudanzas de ritmo, cos panos de fondo das bateas, do narcotráfico e de Compostela, Denso recendo a salgado e como unha montaña rusa que nos fai sentir a vertixe da existencia.
El silencio se mueve, Fernando Marías
Una excelente novela de intriga y misterio de Fernando Marías, emocionante, bien estructurada y narrada con precisión, que atrapa al lector desde un primer y enigmático capítulo de tintes "paranormales" (con un protagonista que tiene el extraño don de "escuchar lo que dice el silencio" y una chica que, en estado de trance, dibuja escenas relacionadas con el pasado del protagonista), para llevarle por un complicado itinerario paralelo en el que pasado (la época de la posguerra española) y presente se solapan, y en el que, a ritmo trepidante, se entrelazan historias de amor, celos, odios, venganzas y muertes. Todo ello apuntalado por esos elementos narrativos añadidos que juegan con el lector y le invitan a experimentar nuevas formas de lectura.
A cabeza de Medusa, Marilar Aleixandre
Nela cóntasenos a historia de Lupe e Sofía, dúas estudantes de 2º de Bacharelato que son violadas ao voltar dunha cea de entroido cos seus compañeiros de instituto. Ao igual que Medusa, as dúas rapazas descubrirán como moitos non se atreven a miralas de fronte e sufrirán debaténdose entre denunciar a agresión ante a xustiza ou renderse ante as presións do entorno, especialmente dos seus propios compañeiros. Ambas semellan ser para algúns as culpables pola súa indumentaria ou polo feito de subir nun coche cuns descoñecidos. Para outros está claro que son as vítimas.
A autora fai un acertado tratamento do mito da Medusa, no que, ao igual que en moitas sociedades actuais, castígase á muller agredida e non ao agresor.
MEDUSA. Medusa foi unha fermosa sacerdotisa do templo da deusa Atenea que entregara a ela a súa castidade, pero foi violada polo deus dos mares, Poseidón. Como castigo Atenea converteu os seus fermosos cabelos en serpes e fixo que calquera que mirase a súa cara quedase convertido en pedra.