4/10/2010

Diario, Ana Frank


Continuando cos libros que falan do holocausto e que estamos a ler no Club de lectura de 1º de ESO este mes rematamos o Diario de Ana Frank.

10 comentarios:

Anónimo dixo...

É un libro moi interesante xa que che amosa dende un punto de vista vivido o xenocidio.
O que máis choca é que ao ilo lendo entretén, pero logo decátaste de que é un diario e daste conta das idioteces que fai a raza humana.
En resumo é un libro interesante mais á vez moi chocante.
Águeda Paz

Anónimo dixo...

Gustoume pero dá unha idea do que foi vivir perseguido por un loco que quere matarte só porque non es coma el.
Non me gustaría vivir na súa época. Por:
Raúl Fierro

Anónimo dixo...

Este libro é moi impactante no seu sentido.
Pero o que non me gustou do libro foi o final porque me decepcionou que despois de tanto sufrimento pola seguimento dun home tolo e que logo cando xa estaban contentos porque crian que xa non tiñan nada de que preocuparse e ao final collenos.
Polo demais foi un libro precioso.
Iria Belda Vázquez

Anónimo dixo...

Gustoume moito o libro mais que os outros dos unha cosa que me gustou foi que ela sempre pensaba en positivo e que dicia o que quería facer despois de que acabase aquilo.
Foi unha historia moi bonita.
Antía García Mejuto

martin dixo...

gustoume bastante aínda que foi moi longo para o meu gusto...
non me pareceu ben que ana frank estivese encerrada na casa...ainda que se saía para fora mataríana
en fin foi un bó libro...

Anónimo dixo...

É un libro moi triste, que conta os pensamentos dunha nena adolescente escondida durante a II guerra mundial.E entretido pero moitas veces conta cousas moi íntimas, porque ao fin e ao cabo é un diario.
Ainhoa Portos Iglesias

Anónimo dixo...

A min pareceume un libro un pouco triste sobre todo polo final pero ainda así estivo entretido.







Damián 1ºESO B

Anónimo dixo...

A tamen me gustou moito.









Damián 1º ESO B

Anónimo dixo...

unha cousa que non me gusta é a maneira de ser de Margot, trátana coma unha nena mimada e ademais non proba bocado en fin o seu corpontamento non me parece adecuado iso si, compórtase ben coa súa irmá Ana
Martín López

Anónimo dixo...

ademasi paréceme divertida a personaxe de DUSSEL xa que a súa idade xa non é moi curta e este segue a comportarse dunha maneira moi infantil e...ademais, como di Ana é un ¨retrasado mental¨ aínda que poderíamolo denominar como ¨pouco intelixente¨
Martín López