Comezamos este curso o club de lectura de 2º ESO coa lectura da obre: A miña planta de laranxa lima de Jose Mauro de Vasconcelos.
Lemos o primeiro capítulo "O descubridor das cousas" e copiamos un fragmento do mesmo, o que áis nos guste. Logo facemos tres preguntas sobre o capítulo para que responda o seguinte e copiamos as palabras que nos resultaron máis difíciles xunto coa súa definición.
A ver quen dá as respostas en primeiro lugar.
Aquí vos deixo un avance da película que sobre este libro vén de ser rodada en Brasil.
Informe Clubs de lectura do curso 2021/2022
Hai 3 meses
2 comentarios:
A parte que máis me chamou a atención foi:
"Abriu o xornal e amosoume unha frase da propaganda dun remedio.
-Este producto atópase en todas as farmacias e casas do ramo.
-Mamá. Ata leu correctamente a palabra farmacia.
Tío Edmundo saíu a chamar a Dindiña á horta.
Os dous comezaron a darme cousas para ler e eu lía perfectamente"
PALABRAS:
1. LAVADOIRO: Pedra plana ou táboa colocada á beira dun río, dunha pía etc., sobre a que se lava a roupa.
2. CANAVEIRA: Obxecto, alongado e cilíndrico, de forma semellante ao talo das gramíneas.
3. SEPULTURA: Lugar onde se enterran os mortos.
4. ÁNCORA: Peza de ferro grande e pesada que consta de dous gallos ou uñas e que, suxeita por unha cadea, se tira ao fondo para manter firme e segura unha embarcación.
5. PRECOZ: Que madura, ocorre ou se desenvolve antes do habitual.
PREGUNTAS:
1. Que lle prometeu o tío a Zezé a cambio de que lese?
2. A onde foron Totoca e Zezé?
3. Por que lle zoscaa o tío a Zezé?
Frase:
Totoca viñame falando da vida. (páx 11, 2ª línea)
Preguntas:
1. Que están facendo os dous nenos?
2. Que pensa Zezé dos xubilados e dos nenos?
3. Que fai Zezé que non fagan outros nenos da súa idade?
Palabras:
Azouta: substantivo feminino. Golpe dado coa man nas nádegas, xeralmente como castigo. Sinónimos: azoute, cachoada.
Zoupaba: de zoupar: verbo intransitivo. Dar golpes. Sinónimos: bater, golpear.
Paxarela: substantivo feminino. Bazo dun animal, en especial o do porco Sinónimos: paxara, paxarola.
Publicar un comentario