Un polbo xigante de Carlos Casares conta a historia dun home que lembra a súa infancia e unha serie de histoiras que teñen que ver con noites frías e de néboa boas para a pesca do polbo, Delfina, a criada da casa, contáralle que os había grandes, capaces de envorcar unha dorna, como a do Capitán Lobo Negro, a quen un polbo de varios metros afundiu a embarcación. O mariñeiro apareceu tres semanas despois cunha mazadura negra arredor do pescozo salferido de puntiños brancos, como un colar. El mesmo será testemuña dalgunha outra historia.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Unha historia emotiva porque está contada por un mestre da narración onde omosa a súa man de narrador e a súa destreza para engaiolar coa súa fina ironía e a súa profunda sensibilidade que nos leva a escoitalo abraiados sen perder ripio das súas maneiras de contar algo tan sinxelo e ao templo tan complexo. A todos nos encantou e que dounos pegada da súa beleza descritiva.
Uns trasnos 02/03/09
Un libro estupendo, tanto pola historia como pola maneira de contala; e tamén, polas ilustracións de Enjamio.
Casares fai un relato que bebe no mellor realismo máxico de raigame galega e latinoamericana, de forma que rematada esta lectura hai que ir a García Márquez e ler "El ahogado más hermoso del mundo".
Que vos preste!
Publicar un comentario