Club de Lectura Avelaíña

6/16/2009

O Grupo de Lectura Mamiya está lendo... La hija de la noche


La hija de la noche de Laura Gallego é unha historia de misterio ambientada en Francia no século XIX. Na tranquila vila de Beaufort comezan a suceder cousas estrañas, todo isto coincide co regreso a Beaufort de Isabelle, unha lavandeira que marchara tempo atrás a procura do seu amor, un mozo nobre.

5/27/2009

O Grupo de Lectura Trasno está lendo ... Amancio Amigo e o demo da botella


Outra historia de Amancio Amigo. Se vos gustou Amancio Amigo e o meigo de Salamanca seguro que vos gustará esta nova aventura escrita por Xosé Miranda. Xa nolo diredes nos vosos comentarios.

4/28/2009

O grupo de lectura Mamiya2 está lendo... El bosque de los pigmeos


El bosque de los pigmeos de Isabel Allende, continúa as aventuras dos protagonistas de La ciudad de las bestias e El reino del Dragón de Oro, Nadia e Alexander que xa son mozos e moito máis aprendidos.
A acción sitúase no corazón de África ecuatorial onde os dous mozos, xunto coa avoa de Alexnadre, están a facer un safari. Sen embargo, sucédense diversos acontecementos que cambiarán o rumbo dos protagonistas, como a presenza dos pigmeos, e en concreto do pobo akka.

3/31/2009

Tamén lemos... Un polbo xigante


Un polbo xigante de Carlos Casares conta a historia dun home que lembra a súa infancia e unha serie de histoiras que teñen que ver con noites frías e de néboa boas para a pesca do polbo, Delfina, a criada da casa, contáralle que os había grandes, capaces de envorcar unha dorna, como a do Capitán Lobo Negro, a quen un polbo de varios metros afundiu a embarcación. O mariñeiro apareceu tres semanas despois cunha mazadura negra arredor do pescozo salferido de puntiños brancos, como un colar. El mesmo será testemuña dalgunha outra historia.

Tamén lemos... El viaje secreto


El viaje secreto de José Mª Merino, conta a historia dun escritor que aproveita as súas noites de insomnio para desenvolver a súa novela sobre Hipatia, unha fermosa e erudita muller, matemática e filósofa de Alexandría. Unha desas noites, sucede algo extraño na súa biblioteca: o libro Alexandría (unha primeira edición que o seu avó comprara en 1934), que colocara noutra sección da biblioteca, aparece no seu antigo lugar. Este feito misterioso lévao a recordar outra noite, cando tiña doce anos e apareceu seu avó, falecido nove días antes.

O grupo de lectura Trasno está lendo... A miña planta de laranxa lima


A miña planta de laranxa lima, de José Mauro de Vasconcelos, conta a historia dun rapaciño brasileiro de seis anos moi interesado polas cousas da vida e por aprender novas palabras. Ao cambiar de casa atopa no xardín unha planta de laranxa lima que se vai converter na súa amiga e confidente.

O grupo de lectura Mamiya está lendo... La Ciudad de las Bestias


La Ciudad de las Bestias, Isabel Allende. Alexander Cold, un rapaz americano de 15 anos, vese obrigado a acompañar a súa avoa, a aventureira, escritora e xornalista Kate Cold, nunha expedición á selva amazónica organizada pola International Geographic e cuxo obxectivo é capturar á "Bestia". Alí coñecerá a súa nova amiga e compañeira de viaxe Nadia Santos e xunto cun chamán chamado Walimai intentarán salvar á xente da néboa. Internaranse no corazón do Amazonas e o rapaz descubrirá un mundo sorprendente e fantástico.