3/31/2009

Tamén lemos... Un polbo xigante


Un polbo xigante de Carlos Casares conta a historia dun home que lembra a súa infancia e unha serie de histoiras que teñen que ver con noites frías e de néboa boas para a pesca do polbo, Delfina, a criada da casa, contáralle que os había grandes, capaces de envorcar unha dorna, como a do Capitán Lobo Negro, a quen un polbo de varios metros afundiu a embarcación. O mariñeiro apareceu tres semanas despois cunha mazadura negra arredor do pescozo salferido de puntiños brancos, como un colar. El mesmo será testemuña dalgunha outra historia.

Tamén lemos... El viaje secreto


El viaje secreto de José Mª Merino, conta a historia dun escritor que aproveita as súas noites de insomnio para desenvolver a súa novela sobre Hipatia, unha fermosa e erudita muller, matemática e filósofa de Alexandría. Unha desas noites, sucede algo extraño na súa biblioteca: o libro Alexandría (unha primeira edición que o seu avó comprara en 1934), que colocara noutra sección da biblioteca, aparece no seu antigo lugar. Este feito misterioso lévao a recordar outra noite, cando tiña doce anos e apareceu seu avó, falecido nove días antes.

O grupo de lectura Trasno está lendo... A miña planta de laranxa lima


A miña planta de laranxa lima, de José Mauro de Vasconcelos, conta a historia dun rapaciño brasileiro de seis anos moi interesado polas cousas da vida e por aprender novas palabras. Ao cambiar de casa atopa no xardín unha planta de laranxa lima que se vai converter na súa amiga e confidente.

O grupo de lectura Mamiya está lendo... La Ciudad de las Bestias


La Ciudad de las Bestias, Isabel Allende. Alexander Cold, un rapaz americano de 15 anos, vese obrigado a acompañar a súa avoa, a aventureira, escritora e xornalista Kate Cold, nunha expedición á selva amazónica organizada pola International Geographic e cuxo obxectivo é capturar á "Bestia". Alí coñecerá a súa nova amiga e compañeira de viaxe Nadia Santos e xunto cun chamán chamado Walimai intentarán salvar á xente da néboa. Internaranse no corazón do Amazonas e o rapaz descubrirá un mundo sorprendente e fantástico.