12/15/2009

Club de lectura de nais, pais e profesorado


O pasado 23 de novembro comezou a súa andaina o Club de Lectura de nais, pais e profesorado, de momento o club está composto de nove persoas. O primeiro libro que lemos foi As rulas de Bakunin, de Antón Riveiro Coello.

Rebeldes


O grupo de lectura de 3º de ESO leu Rebeldes de Susan Hinton.

La ciudad de las bestias


O grupo de lectura de 2º de ESO está a ler esta novela de Isabel Allende.

Amancio Amigo e o demo da botella


O grupo de alumnos e alumnas de 1º de ESO que xa leran o pasado curso Amancio Amigo e o meigo de Salamanca, escolleu como primeiro libro de lectura do seu club a segunda entrega deste personaxe.

Amancio Amigo e o Meigo de Salamanca


Un dos grupos de 1º de ESO leu este libro de Xosé Miranda que conta a historia dun rapaz que vai a Salamanca e alí entra nunha estraña escola de maxia.

Clubs de lectura 2009/10

No mes de novembro comezamos a actividade dos clubs de lectura deste curso. Na actualidade están a funcionar dous grupos en 1º de ESO, un grupo en 2º de ESO e un grupo en 3º ESO.

6/16/2009

O Grupo de Lectura Mamiya está lendo... La hija de la noche


La hija de la noche de Laura Gallego é unha historia de misterio ambientada en Francia no século XIX. Na tranquila vila de Beaufort comezan a suceder cousas estrañas, todo isto coincide co regreso a Beaufort de Isabelle, unha lavandeira que marchara tempo atrás a procura do seu amor, un mozo nobre.

5/27/2009

O Grupo de Lectura Trasno está lendo ... Amancio Amigo e o demo da botella


Outra historia de Amancio Amigo. Se vos gustou Amancio Amigo e o meigo de Salamanca seguro que vos gustará esta nova aventura escrita por Xosé Miranda. Xa nolo diredes nos vosos comentarios.

4/28/2009

O grupo de lectura Mamiya2 está lendo... El bosque de los pigmeos


El bosque de los pigmeos de Isabel Allende, continúa as aventuras dos protagonistas de La ciudad de las bestias e El reino del Dragón de Oro, Nadia e Alexander que xa son mozos e moito máis aprendidos.
A acción sitúase no corazón de África ecuatorial onde os dous mozos, xunto coa avoa de Alexnadre, están a facer un safari. Sen embargo, sucédense diversos acontecementos que cambiarán o rumbo dos protagonistas, como a presenza dos pigmeos, e en concreto do pobo akka.

3/31/2009

Tamén lemos... Un polbo xigante


Un polbo xigante de Carlos Casares conta a historia dun home que lembra a súa infancia e unha serie de histoiras que teñen que ver con noites frías e de néboa boas para a pesca do polbo, Delfina, a criada da casa, contáralle que os había grandes, capaces de envorcar unha dorna, como a do Capitán Lobo Negro, a quen un polbo de varios metros afundiu a embarcación. O mariñeiro apareceu tres semanas despois cunha mazadura negra arredor do pescozo salferido de puntiños brancos, como un colar. El mesmo será testemuña dalgunha outra historia.

Tamén lemos... El viaje secreto


El viaje secreto de José Mª Merino, conta a historia dun escritor que aproveita as súas noites de insomnio para desenvolver a súa novela sobre Hipatia, unha fermosa e erudita muller, matemática e filósofa de Alexandría. Unha desas noites, sucede algo extraño na súa biblioteca: o libro Alexandría (unha primeira edición que o seu avó comprara en 1934), que colocara noutra sección da biblioteca, aparece no seu antigo lugar. Este feito misterioso lévao a recordar outra noite, cando tiña doce anos e apareceu seu avó, falecido nove días antes.

O grupo de lectura Trasno está lendo... A miña planta de laranxa lima


A miña planta de laranxa lima, de José Mauro de Vasconcelos, conta a historia dun rapaciño brasileiro de seis anos moi interesado polas cousas da vida e por aprender novas palabras. Ao cambiar de casa atopa no xardín unha planta de laranxa lima que se vai converter na súa amiga e confidente.

O grupo de lectura Mamiya está lendo... La Ciudad de las Bestias


La Ciudad de las Bestias, Isabel Allende. Alexander Cold, un rapaz americano de 15 anos, vese obrigado a acompañar a súa avoa, a aventureira, escritora e xornalista Kate Cold, nunha expedición á selva amazónica organizada pola International Geographic e cuxo obxectivo é capturar á "Bestia". Alí coñecerá a súa nova amiga e compañeira de viaxe Nadia Santos e xunto cun chamán chamado Walimai intentarán salvar á xente da néboa. Internaranse no corazón do Amazonas e o rapaz descubrirá un mundo sorprendente e fantástico.

2/02/2009

O Grupo de lectura Mamiya está lendo... O neno do pixama a raias


O neno do pixama a raias de John Boyne conta a historia de Bruno, un neno de nove anos que vivía moi contento en Berlín coa súa familia. Un día deberán mudarse todos a outro lugar porque destinan o pai a un novo e mellor emprego. No novo destino do seu pai Bruno abúrrese moito pois non hai nenos da súa idade. Ata que un día atopa un neno cun pixama a raias detrás dun aramado...

O grupo de lectura Trasno está lendo... Agardarei por ti en África


Agardarei por ti en África de Blanca Álvarez narra a historia de Roxelio que, aos seus doce anos, non é un neno feliz. Non sofre as dentadas da fame nin as escasezas da posguerra, como ocorre en tantas casas da vila, aínda que lle custa aturar a fame de cariño e o peso dun segredo que non coñece pero que intúe. Será no cemiterio, o lugar dos mortos, onde descubrirá a alegría de vivir. Unha novela que fala da guerra e da posguerra, das feridas que o rancor non deixa cerrar e da forza do amor que acaba superando os obstáculos.

1/16/2009

O Grupo de lectura Trasno está lendo...


Amancio Amigo e O meigo de Salamaca de Xosé Miranda
Amancio Amigo, o rapaz protagonista desta novela, é un mozo do Courel que estuda en Salamanca. Está namorado da Susana, a filla do cacique. Pero Amancio é pobre e poeta. Unha tarde, co seu amigo Ze Escolarão visita a un taxidermista que vive na rúa da Bufarda, 666. Na fachada da casa enxérgase unha gárgola que representa a un demo botando a lingua. Os rapaces beben do viño que lles ofrecen e a partir dese momento deciden estudar para meigos nas covas de Salamanca.