6/28/2011

Rebeldes, Susan Hinton


O protagonista desta historia é Ponyboy Curtis, un rapaz de 14 anos, orfo, que vive cos seus irmáns nunha pequena cidade norteamericana. Xunto cos seus irmáns e os amigos destes forma parte dunha grupo, os “Greasers”, rapaces pobres que viven ao límite da legalidad. Pero unha noite todo cambiará e Ponyboy xunto co seu amigo, Johnny vernase envoltos nunha serie de feitos que cambiarán non só as súas vidas senón tamén as dos que os arrodean. É un dos libros de máis éxito entre a xuventude e a pesar de ter sido escrito en 1967 mantén todo o seu interese na actualidade.



Cartas de inverno, Agustín Fernández Paz


Despois dunha longa estadía en Québec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atopa as cartas que o seu amigo Adrián lle escribira na súa ausencia. Unhas cartas inquietantes que descobren os estraños sucesos lle están a suceder a Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Cartas de inverno recibiu o Premio Rañolas, ó mellor libro infantil e xuvenil galego do ano 1995 e é quizais unha das obras máis coñecidas e valoradas do seu autor. Moi recomendada para quen guste de misterios e de pasar medo.

6/21/2011

Donde nadie te encuentre, Alicia Giménez Bartlet


Esta novela de Alicia Giménez Bartlet obtivo o Premio Nadal na súa última edición. Conta a historia de Teresa Pla Meseguer, alcumada "La Pastora", unha muller acusada de vinte e nove mortes. Era o maquis máis buscado pola Gardia Civil, e convertérase nunha lenda popular. Na ficción un psiquiatra francés e un periodista barcelonés van na súa procura coa intención de coñecer a súa hitoria de primeira man.

6/15/2011

Memorias dun neno labrego, Xosé Neira Vilas


"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre". Así comezan as Memorias dun neno labrego das que se cumpren cincuenta anos da súa publicación. Ao longo das súas páxinas vemos como transcorría a vida deste neno que, segundo recoñece o seu autor, ten moito das súas vivencias de neno. A pesar deste medio século segue sendo unha delicia a lectura deste clásico da nosa literatura.

Riña de gatos, Eduardo Mendoza


Un inglés chega en tren a Madrid na primavera de 1936. Vén para autentificar un cadro descoñecido de Velazquez. En Madrid entrará en contacto con algunhas das figuras que xogarán un importante papel na historia posterios de España, coñecerá personaxes de distintos ambientes e vivirá extraordinarias aventuras perseguido por políticos, diplomáticos e espías, nunha atmosfera de conspiración e xoldra. Eduardo Mendoza utiliza como sempre o humor para narrar esta historia por veces esperpéntica.