5/27/2009

O Grupo de Lectura Trasno está lendo ... Amancio Amigo e o demo da botella


Outra historia de Amancio Amigo. Se vos gustou Amancio Amigo e o meigo de Salamanca seguro que vos gustará esta nova aventura escrita por Xosé Miranda. Xa nolo diredes nos vosos comentarios.

2 comentarios:

Club de Lectura Trasnos dixo...

É un libro moi intrigante, que dende o principio engánchate e queres seguir lendo.
É moi fácil de ler e moi divertido, aínda que é bastante lioso. O tempo pásachete voando e se tes que facer algo... bum! xa non o podes facer. Tes que fixarte no reloxo se queres estudar ou tes algunha cousa que facer.
Un dos personaxes que máis me gustaron e que é moi divertido, e Berbenxo, porque, aparte do seu peculiar nome, é gracioso, simpático, etc.
Unha das cousas que máis me gustou do libro foi que ten gran cantidade de poemas, algúns moi divertidos, coma éste:
-Eu son o rei dos trasnos,
e ti merda de asnos.
E ata aquí a recomendación.

Club de Lectura Trasnos dixo...

Agora os personaxes:
-Amancio:é un mago moi bó, e un dos protagonistas.
-Sabela:é a protagonista total, é a irmá da noiva de Amancio.
-Susana:é a irmá maior de Sabela. É noiva de Amancio.
-Loreto:é a irmá pequena de Amancio.
-Berbenbexo:é un dos demiños que aparece na historia, e que estaba encerrado nunha botella. Ía vestido de vermello. Permaneceu na botella ata que Sabela rompeuna sen querer.
-Anduriño:é outro demiño que saíu dun ovo negro incubado por Sabela e Loreto. Criáronno porque Berbenbexo escapara e querían compensar a Amancio.
-Lionel:foi o antigo mestre de Amancio.
-Zé Escolarao:é o compañeiro de clase de Amancio. Tamén é mago.