3/31/2009

O grupo de lectura Trasno está lendo... A miña planta de laranxa lima


A miña planta de laranxa lima, de José Mauro de Vasconcelos, conta a historia dun rapaciño brasileiro de seis anos moi interesado polas cousas da vida e por aprender novas palabras. Ao cambiar de casa atopa no xardín unha planta de laranxa lima que se vai converter na súa amiga e confidente.

2 comentarios:

Nerea Gómez Agilda 1º ESO A dixo...

A min pareceume moi interesante o libro , por exemplo eu no club tiña marcado ata donde tiña que ler pero cando eu chegaba a esa páxina non podía parar de ler .
Eu recomendo e agora vou ler a segunda parte.
Nerea Gómez Agilda 1ºESO A

trasno dixo...

O GRUPO TRASNO DI.
Comezamos a ler este libro do que oímos falar moi ben e isto levounos a descubrir os seus segredos . A verdade é que nos está deixando moi boas sensaciós e as nosa esperanzas vanse vendo cumpridas. Os membros do grupo tomaron a súa lectura con verdadeiro interese e os comentarios posteriores irán ampliando a súas sensacións.De momento só significar que o seu prota está abrindo boas perspectivas e xa é admirado po todos eles , as súas travesuras son perdoadas e desculpadas e senten necesidade de amosarlle a súa protección incondicional.Axiña seguiremos comentando. Os trasnos 30/04