2/02/2009

O grupo de lectura Trasno está lendo... Agardarei por ti en África


Agardarei por ti en África de Blanca Álvarez narra a historia de Roxelio que, aos seus doce anos, non é un neno feliz. Non sofre as dentadas da fame nin as escasezas da posguerra, como ocorre en tantas casas da vila, aínda que lle custa aturar a fame de cariño e o peso dun segredo que non coñece pero que intúe. Será no cemiterio, o lugar dos mortos, onde descubrirá a alegría de vivir. Unha novela que fala da guerra e da posguerra, das feridas que o rancor non deixa cerrar e da forza do amor que acaba superando os obstáculos.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

12/02/09 Comezamos ler o libro hai uns días e xa temos comentarios que facervos.A Patricia engaioloule:"Noiva miña/vestida de lúa.../Senteime a proa/fumando a miña pipa/pero outra noite pensarei en ti." A Begoña intrígalle o relato porque o atopa misterioso.En xeral ,os membros do grupo pensan que Roxelio é un neno moi boa persoa e sentense solidarios coas suas inquedanzas.Seguiremos

Anónimo dixo...

26 - 02 09 Estamos moi intrigados polo que vai pasar ao longo do relato.Polo que hai detrás desa habitación sinestra e misteriosa.Tamén nos parece moi misteriosa a actitude do avó e aínda non comprendemos por que motivo se atopa tan esquivo e o porque da súa actitude defensiva ante todo e ante todos Coidamos que tivo que sufrir moito para poder arrenegar de todo desa maneira.
un trasno

Anónimo dixo...

12 -03- 09 O noso personaxe de hoxe: Lisseta ;é unha rapaza moi madura,porque a pesares da súa idade
xa ten moita experiencia na vida.O seu pai morto e asúa nai detida no cárcere por "roxa" levárona ao "Beatario"e alí é unha das recollidas.Ten a habilidade que da a necesidade de sobrevivir porque os seus pais estaban "no outro bando".
Esta é a faceta que máis nos encanta dela e da que esperamos novas segundo avancemos na lectura. Outro trasno

Anónimo dixo...

26/03/o9 .Facemos unha pequena análise dos personaxes que imos atopando na narracón e que completaremos e posteriores datas.
Roxelio: é un rapaz solidario,bondadoso e amable;animado por una profunda nostalxía e unha moi enraizada moldeabilidade polos elementos do seu entorno.
O pai de Roxelio:Un heroe lonxano ,idealizado e desleigado dos seus.
A nai de Roxelio:Personaxe misterioso que non temos rematado de descubrir.
O avó de Roxelio :Era com un autista que vivía noutro mundo.
A avoa de Roxelio: Maniática da limpeza , a orde e o control de todo o que acontece ao seu redor.
Leal:O encargado de que todo estivese no seu lugar ,a sombra que o vixila todo e que ten arelas de mando e dominio das situacións.
Rubén:vivía coma un esmolante ao que nada lle imparta a súa vida nin a dos demais ,vive noutro mundo porque di que el xa está morto dende que perdeu a súa amada e xa nada hai para el que poida devolverlle a vida .
os trasnos

trasno dixo...

Os membros de Trasno dan por rematada a lectura do libro e resumen á conclusión da súa lectura:
Patricia:Gústame porque ten emoción e danche gañas de seguir coa lectura.
Javier:coma todos os libros que lemos,engánchate porque é interesante.
Olalla:Hai cousas que che inspiran moito no libro.
Laura:Gústame moito o comportamento de Roxelio.
Carla:É un libro misterioso e con intriga.
Celia.Gústame porque é unha historia interesante.
Alejandro:Gústame o libro ,pero recoñezo que é difícil de entender.
Nerea:Gústame moito e o personaxe preferido é Roxelio.
Begoña: Dende que o empezamos sentín intriga por saber o desenlace.
02/03/09