Na novela de
Fernández Paz, a protagonista, Tareixa Louzao, recibe un voluminoso sobre remitido polo seu irmán Xabier desde un, para ela, descoñecido lugar: Doroña (Vilamaior). No interior inclúense unha carta e outro sobre máis pequeno coa lapela de cerre reforzada por unha fita adhesiva. Na carta, Xabier indícalle á súa irmá que non abra o sobre fechado e que, se antes dunha semana non volve recibir outra misiva súa, llo entregue ó Inspector Soutullo da Comisaría de Vigo.
Pero Tareixa non pode resistir a tentación e abre o sobre. No seu interior aparecen unhas cartas que lle foran remitidas a Xabier polo seu amigo o pintor Adrián Louzao, e que el tardará tempo en recibir por mor dunha longa estadía en Quebec.
No epistolario Adrián fala dos estraños sucesos que está a vivir relacionados coa súa nova casa, e pídelle axuda ó seu amigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario