6/09/2010

A intervención, Teresa Moure


Na nova novela de Teresa Moure, un pianista retirado, unha dermatóloga, o fillo desta, estudante universitario, e unha das súas profesoras na facultade de Historia reúnense para constituír un comando artístico. O seu obxectivo é levar a cabo unha performance un tanto particular, a medio camiño entre a creación estética e a toma de conciencia política. Instalados ao pé das montañas do Courel, este grupo de rebeldes pretende sensibilizar a cidadanía cunha intervención que enlace arte e natureza.

Ningún comentario: