O libro de
María Victoria Moreno relata a historia dun rapaz, que decide escapar de todo, abandonar o seu entorno, e encamiñarse a un lugar lonxe de todo... e decide facer autostop. Para unha muller....e el dubida en subir....pensando que como a unha muller se lle ocorría parar... Pero sobe.
E descobre milleiros de cousas (grazas a aquelas conversas)...que non coñecía,cousas de si mesmo. Grazas a aquela muller (da cal non sabe o nome), descóbrese. Descóbrese así mesmo. Aquela viaxe, que remata en Madrid, probablemente foi a súa mellor viaxe...aquela viaxe, aquela viaxe tan interesante.
O protagonista principal de Anagnórise é Nicolau Arís, un rapaz con problemas que un día decide deixar os estudios no Instituto e marcha a Madrid co propósito de encontrar a uns amigos que se dedican a negocios relacionados co tráfico da droga. A viaxe en autostop faina cunha muller intelixente, de nome celosamente oculto, que o recolle na estrada, e coa cal fala durante as horas que pasan xuntos dentro do coche. Os diálogos, sempre áxiles e ocurrentes, pero tamén naturais, van revelando a rica personalidade de ambos. Xa no destino, Nicolau e a súa amiga ocasional sepáranse sen que o rapaz saiba o nome dela. O remate, despois de que Nicolau entre en contacto cos compañeiros que o agardan en Madrid, irá buscar a súa amiga. Só entón saberá o seu nome.
Ningún comentario:
Publicar un comentario